Monday 13 de May de 2024

O presidente da Xunta asiste á entrega dos premios Voz Natura 2023 e asina a adhesión da corporación Voz de Galicia á Alianza Galega polo Clima


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asistiu hoxe en Sabón (Arteixo) á entrega dos premios aos centros de ensino gañadores da edición 2023 de Voz Natura. Posteriormente, levouse a cabo a sinatura de adhesión de La Voz de Galicia á Alianza Galega polo clima, unha rede que ten como obxectivo implicar a axentes económicos e sociais do país no coidado do medio ambiente.